Podes ver unha actuación en directo desta canción no seguinte enlace:
VÍDEO
Xa vedes que está de moda
entre vellos e yeyeses
a canción galega nova
que hasta cantan os ingleses.
Nós estamos satisfeitos
da nosa fala natal
e rendímolle homenaxe
no tempo do carnaval.
Andrés do Barro, Bernardo Xosé
cantade galego, facedes moi ben
como xa fixeron os da vella oula
falemos galego, na rúa e na escola.
Un recordo pracenteiro
para os "NOVAS AMISTADES"
que cantaron en galego
alá polas Baleares
Non estamos nos dacordo
con esa María Ostiz
que nos canta "Na Veiriña"
co galego de Madrid.
Andrés do Barro, Bernardo Xosé
cantade galego, facedes moi ben
como xa fixeron os da vella oula
falemos galego, na rúa e na escola.
Os Támara ala moi lonxe
cántanlle o Santiaguiño,
e dicen os casteláns
que ben sona o galeguiño.
O galego non é novo
é mais vello que a Requisa,
xa os cantaban os Cregos
cando inventaron a misa.
Andrés do Barro, Bernardo Xosé
cantade galego, facedes moi ben
como xa fixeron os da vella oula
falemos galego, na rúa e na escola.