MENUS
INICIO
ANTROIDOS
FOTOGRAFIAS
PATROCINADORES
POPULARES
SALUDOS 72
FALEMOS GALEGO
SON DE BUEU
LÉMBROME
O PARAÍSO SEXUAL
Titulo:  TODO AL NUEVE ROJO
Ano:  2020
Música: Estando contigo (Conchita Bautista)
Reproducir Canción
Se necesita Flash Player para reproducir este documento.

Podes ver unha actuación en directo desta canción no seguinte enlace: VÍDEO



Como cada catro anos houbo no pobo eleccións.
Acabouse a maioría, o Félix quedou sen pilas
e baixoulle a erección.
Vaia baixón pos do Bloque, perderon toda a tensión.
Son como ese calsonsillo que vaille estirando a joma
e se che mira un collón.

Perdeu o partido catro concelleiros
e outro na deputación.
Leal foi de listo e ten un bo soldo,
colleu unha dedicación.
Gracias a Miranda e as asociacións
que lle fan o choio e mentras el cobra
rascando os collóns.

¿Que pasa contigo Félix? Pola rúa nunca estás.
Xa pareses un muraño, sen saír do teu despacho,
para ninguén escoitar.
Privatizas pouco a pouco, delegas a tutiplén.
Ata para asar castañas, ningún membro do Concello
e chamaches ó do tren.

Este noso pobo está abandonado,
xa non lle importa a ninguén.
Botamos en falta, co seu carretillo,
ó gran camarada Fidel.
A rúa da Pedra parecía Vietnam.
Nin ANPA nin mestres protestan pois Macu
é a mandamais.

Félix doulle a chave a Julio como se dá un jueso a un can
“El que digha o que queira, solo é número nove”,
rinse os do BNG.
Cando rematan os plenos e a xente vai preguntar,
co rabiño entre as pernas, vai tomar unha cerveza,
os veciños danlle igual.

Adios Irmandiños, Marea que baixa,
achégaste a Don Sisí.
De volta á Juarida, un pouco de orgullo,
lembra o que dixo de ti.
Es o Pablo Iglesias, pero de Ali Express.
Sen roupa de ajuas, bebeu o conxuro
que ten o poder.

Que guapa a Elenita. No cartaz que ben posou.
Cuns retoques dixitales, unha peca na mejilla
era Marilyn Monroe.
Que non baixe o partido, puxéronlle de misión.
Pero non lle importaba porque xa tiña firmado
posto na Deputación.

E os Ciudadanos no aportan ni un gramo
a esta corporación.
Sacaron proveito das súas andainas,
baixaron o colesterol.
Non esqueceremos, por nunca xamais,
o vídeo no coche é o fiel reflexo
do facha total.
Comentarios(0) Añadir Comentario
Antroido 2020
TODO AL NUEVE ROJO
PATRONAS, PATRÓNS E VICEVERSA
EMPANADA MENTAL
JEDELLAS SINCO ESTRELLAS
ONS EN LOITA
SATIS-FATHER
Vou nun Bou © 2004 - Politica de Privacidad - Términos de Uso - Admin