Reproducir Canción
Se necesita Flash Player para reproducir este documento.

Sonche cousas increibles, pero pasan de verdá,
“el patrón de los patrones” volve a dar que falar.
Sen poñerse colorado sae na tele a predicar,
que a merda de Celulosas a Ría no está a afectar.
Xa hai que telos moi ben cadrados para isto afirmar.
Custa menos calar bocas que a ENCE trasladar.
Foron tres millóns de euros para isto blanquear.
A saber de que regalos, chámanlle Fondos Sociais.
A nosa Virxe do Carme quedouche sen procesión.
Volta rápida na lonxa, misa, fuejo a discreción.
Salía un de chiva falando: “Virgen tenme compasión,
eu aquí non firmo nada se non levo comisión”.
E na lonxa, ós xubilados xa nos deixan asexar,
os millóns alí metidos non se poden enseñar.
Algo debe estar fallando que non vai xente a comprar.
Disque agora xa lle chaman o puticlube do mar.
Hai na Praia de Beluso un coto particular,
está a nome dunha rubia, non se che ocurra pescar.
Levas unha berradura que non miras para atrás,
día e noite vixiando o sustento familiar.
Se ti vas ó cementerio non te olvides de levar,
un kit deses de limpeza para aquilo adecentar.
O señor de alí encargado disque bota horas de máis,
limpa tazas e botellas pero sen saír do bar.
Alí na Banda do Río hai dúas asociacións,
unha po libre albedrío, outra sempre en plan roñón.
Félix vaite preparando contra o clan dos Ajullóns.
Aquí valo ter jodido, isto si é oposición.
Decían que o PP e o PSOE non facían coalición,
e as de Meira con Agulla fixeron unha fusión.
Non puideron gobernar co sistema de eleccións
e agora so lles queda tirar de asociación.
E o Novas polo medio fai o papel de barón.
Verdades coma puños |
18/03/2020 19:07:10 |
Ver Comentario |
Acaso din algunha mentira?
Vese que hai xente á que lle pica.
Que grandes Vou Nun Bou. A seguir así.
Escacho da risa con vós.
|
Samanta de Ostias!! |
18/03/2020 18:32:19 |
Ver Comentario |
Como me entere quen fixo a letra vades levar unha samanta de ostias!!
Papans!!
|
|