MENUS
INICIO
ANTROIDOS
FOTOGRAFIAS
PATROCINADORES
POPULARES
SALUDOS 72
FALEMOS GALEGO
SON DE BUEU
LÉMBROME
O PARAÍSO SEXUAL
Titulo:  EMPANADA MENTAL
Ano:  2020
Música: Mediterráneo (Los Rebeldes)
Reproducir Canción
Se necesita Flash Player para reproducir este documento.

Podes ver unha actuación en directo desta canción no seguinte enlace: VÍDEO



Ímoslle pegar un toque ó amigo e veciño Leal.
Que guapo coa paxareta
que el nos trouxo dende a capital.
A festa de San Martiño, para olvidar.
Estaban catro jatos alí a bailar.
Había máis ambiente e movida nalgún funeral.

Nin cochitos pos rapaces ni unhas luses pra decorar,
nin uns fuejos de colores,
nin unha barra onde unha caña tomar.
Mellor conta con Furilo, noutra ocasión.
El é como Caballero, o rei do neon.
Vaia puticlú tiña montado alí no espijón.

Don Lealsiño, fainos o favor,
fai do Entroido un gran festón.
Se non tes idea, vén e fala aquí con nós.
Como traballan, con que paixón.
Menuda entrega, que pundonor.
Esta cuadrilla, ¿non se estará a rir de nós?

Case a pintan no Concello nun concerto polo Nadal.
Varios grupos recaudaban fondos
naquel acto social.
Pediron presuposto para picar,
olvidaron confirmarllo ó dono do local.
Cando se deron de conta o acto estaba case a rematar.

Como choraba a Macu mentres a xente estaba a esperar.
Rápido chamou a Félix
“vén correndo a botarme unha man”.
Félix fixo de Chicote, vaia percal!
Isto foi unha cagada, pero monumental.
Croquetas e fiambre e de postre empanada mental.

Ai! Macu, Macu, que sofocón.
Case che entra un apretón.
Ai! Macu, Macu, vaia disjusto levou.
Como traballan, con que paixón.
Menuda entrega, que pundonor.
Esta cuadrilla, ¿non se estará a rir de nós?

Xa chejaron as riadas a este pobo, xa é tradición.
Pola tele alertaban,
polo visto o Concello non se enterou.
Cando os veciños tiñan todo listo xa,
protección civil, bombeiros chegan tarde e mal.
A O Camarón levouno a corriente, ¿dime onde está?

Os veciños se queixaron na oficina da poli local,
e o Chicho transformouse
de repente nun clon de Santi Abascal.
A ver quen eran eles para cuestionar
a súa traxectoria como mariscal.
“Larjárseme de diante, que vou sacar a porra a pasear”

O Felixiño chora por Fidel.
E O Camarón dórmeche moi ben.
Sueldos doblados, non me dijas para que!
Como traballan, con que paixón.
Menuda entrega, que pundonor.
Esta cuadrilla, ¿non se estará a rir de nós?
Comentarios(0) Añadir Comentario
Antroido 2020
TODO AL NUEVE ROJO
PATRONAS, PATRÓNS E VICEVERSA
EMPANADA MENTAL
JEDELLAS SINCO ESTRELLAS
ONS EN LOITA
SATIS-FATHER
Vou nun Bou © 2004 - Politica de Privacidad - Términos de Uso - Admin