MENUS
INICIO
ANTROIDOS
FOTOGRAFIAS
PATROCINADORES
POPULARES
SALUDOS 72
FALEMOS GALEGO
SON DE BUEU
LÉMBROME
O PARAÍSO SEXUAL
Titulo:  SATIS-FATHER
Ano:  2020
Música: Un burdo rumor (Javier Krahe)
Reproducir Canción
Se necesita Flash Player para reproducir este documento.

Podes ver unha actuación en directo desta canción no seguinte enlace: VÍDEO




Corre polo pobo un rumor que foi botado
por unha pombiña e chegou ó Arzobispado.
Non sei que carallo nin que cona fai.
Dios meu Jesucristo da comparsa ten piedá.

Ante Cristo redentor ora o mellor pecador.
Certamente éche todo un playboy.

As da primeira fila van con canalillo
pra ver se el se fixa e lle pasa o cepillo.
Está feito un moderno, non perde ocasión.
Dá as hostias en polvo, iso si que é devoción.

Ante Cristo redentor ora o mellor pecador.
Para non caír na tentación.

As cousas dos curas non son un misterio.
As vellas se lembran de Don Desiderio.
Meu amor vos dou, miña paz vos deixo.
Teño tanto leite que podo facer un queixo.

Ante Cristo redentor ora o mellor pecador.
Xa sabemos de quen heredou.

Disque ten pensado facer misas pra solteiras
e algunha casada, se quere vir que veña.
Teño para todas. Viva el poliamor.
Así de optimista se mostraba monseñor.

Ante Cristo redentor ora o mellor pecador.
Este home é algo soñador.

Ó cura como ó touro, decían unhas vellas,
había que cortarlle o rabo e as ourellas.
Este don guaperas vai ter que apostatar.
En vez de dar hostias aínda as vai levar.

Ante Cristo redentor ora o mellor pecador.
Espero que non garde rencor.

Falaban dúas amigas na porta da capilla:
“O rapás é ghuapo, fai o amor de marabilla”.
As horas de misa as dá en vertical;
pero as changadas fainas en horizontal.

Ante Cristo redentor ora o mellor pecador.
O rapás é moi traballador.

Non podo tolerar que a este home se critique.
Pra todo ten arreglo, pra todas ten aplique.
Axúdalle ós pobres, ataca ás velutinas.
Vai facer rosarios, pero de bolas chinas.

Ante Cristo redentor ora o mellor pecador.
Este si que é un bo emprendedor.

Oraban de rodillas e unha pensaba:
“Voy coger el móvil y le hago una llamada”.
Os actos impuros non cometerás
e ós pensamentos veña dalle marcha atrás.

Ante Cristo redentor ora o mellor pecador.
Aquí temos un competidor.

Para dar o premio o xurado teno claro.
O Collón de Ouro vai ser para o prelado.
Por ir de flor en flor, por repartir amor,
o “pajaro espino” ben merece o galardón.

Ante Cristo redentor ora o mellor pecador
Deixa o clero e vente con nós.

Comentarios(0) Añadir Comentario
Antroido 2020
TODO AL NUEVE ROJO
PATRONAS, PATRÓNS E VICEVERSA
EMPANADA MENTAL
JEDELLAS SINCO ESTRELLAS
ONS EN LOITA
SATIS-FATHER
Vou nun Bou © 2004 - Politica de Privacidad - Términos de Uso - Admin