MENUS
INICIO
ANTROIDOS
FOTOGRAFIAS
PATROCINADORES
POPULARES
SALUDOS 72
FALEMOS GALEGO
SON DE BUEU
LÉMBROME
O PARAÍSO SEXUAL
Titulo:  CAJARRÍAS BAIXAS
Ano:  2022
Música: La Lola (Café Quijano)
Reproducir Canción
Se necesita Flash Player para reproducir este documento.

Podes ver unha actuación en directo desta canción no seguinte enlace: VÍDEO



Sonche cousas increibles, pero pasan de verdá,

“el patrón de los patrones” volve a dar que falar.

Sen poñerse colorado sae na tele a predicar,

que a merda de Celulosas a Ría no está a afectar.

 

Se llama Rosas y tiene historia

aunque más que historia es un poema.

Su vida entera pasó buscando días de gloria

como alma en pena.

 

Volvemos cantar aqueles versos

de fai agora case dous anos,

xa que o patrón saleu na tele

e outra vez volveu a confirmalo.

É o rei de todos eses patróns,

que enche o saco con subvencións.

É da mesma escola que o Borbón

pero o campechano pediu perdón.

Menuda imaxe que mal quedou

decindo a verdade na televisión.

Pero polo menos el foi sincero

e a nosa Ría lle importa un huevo.

Ai o noso Rosas, menudas cosas.

Ahora O Punto Limpo lle chaman á Lonxa.

Todo o que non se pode antes “colocar”.

Para a subasta vanno levar.

 

Xa temos en Bueu un novo adro

por se che entra un apretón.

para que alí dentro ti te confeses

se o corpo che fai mal a dixestión.

12000 euritos que nos costou,

debe de limparche o cu con xabón.

Tamen sacudirche o pisarrillo

para que non molles o calsonsillo.

Non entres co móbil se fas sentada

xa que é unha cajada cronometrada.

Non perdas o tempo con videochamadas

que a merda seca costa máis sacala.

Mira ben a hora, controla a hora

que non che dá tempo a limpala toda,

e as cajarrías coidado rapás

parese que acaban e volta a empezar.

 

Houboche no pobo persecución.

Pasou de puntillas diante dun control.

Desapercibido pensaba pasar

ata que a Poli o mandou parar.

En vez de frenar, acelerou

e empezou a peli como a de James Bond.

Percorreron Bueu de cabo a rabo,

como Benny Hill, había que miralo.

Aínda menos mal quedou en nada.

Pudo ter pasado unha gran desgracia.

¿Que terá esa costa do Fijeirón

que alí todo o mundo perde o control?

Mira que revuelo, co do caixón,

meresía unha peli na televisión.

Para ter un parking na época estival,

ó final o tipo aparcou fatal.

Comentarios(0) Añadir Comentario
Antroido 2022
POR LOS PELOS
TIGRE BeNeGano
CERO Á ESQUERDA
CAJARRÍAS BAIXAS
KARAOKE
O CALAMBRASO
Vou nun Bou © 2004 - Politica de Privacidad - Términos de Uso - Admin