MENUS
INICIO
ANTROIDOS
FOTOGRAFIAS
PATROCINADORES
POPULARES
SALUDOS 72
FALEMOS GALEGO
SON DE BUEU
LÉMBROME
O PARAÍSO SEXUAL
Titulo:  MONTA E PEDALEA
Ano:  2006
Música: 
Reproducir Canción
Se necesita Flash Player para reproducir este documento.

Aquí vimos a contarlles
A historia do ano pasado
Por cantar catro verdades
Xa non salimos do Faro

 

Toda esa camarilla
Mándannos cartas a pares
Levamos solo tres anos
Xa temos un club de fanes

 

Como non ten que facer
A parte da bicicleta
Aburrida de roer
E rasca-la pasareta

 

Déuselle por escribir
Unhas letras cada día
Esa tipa é máis pesada
Que o tractor de Parapía

 

Dos chanchullos do Concello
Opinamos tamén
Sobre as modas destes dias
Non libra ninguén
Por que isto é carnaval
Quen se pique que se joda
O antroido é pra criticar

 

Vaia lío que montaron
Cantaron ata no pleno
A soprano superiora
Berraba que metía medo

 

Pero como pode ter
esa careta tan dura
que estamos en democracia
acabouse a dictadura

 

Pra ter o mango do cazo
montaron unha moción
como rouban os de sempre
acabaronse os follóns

 

Nos queredes apricar
esa antigua lei do pobre
ides-nos mexar por riba
pra despois dicir que chove

 

Cando ven o carnaval
Aquí está Vou nun Bou
Nós poñemos o disfraz
Pero careta non
E se hai algo que contar
Cantámolo entre sorrisos
Pero sen nos agachar.


Como somos cousa fina
non entramos ó debate
a ver se te documentas
non digas máis disparates

 

A ironía e a retranca
Son a flor do carnaval
Nós cocemos pan de millo
Ti unha empanada mental

 

Pero sigue practicando
Ti e máis os teus compañeiros
Porque xa solo vos falta
Que o fágades en verso

 

Un poquiño máis de humor
Un pouco máis de pachanga
E así o ano que ven
Facedes unha charanga.

 

Dos chanchullos do Concello
Opinamos tamén
Sobre as modas destes dias
Non libra ninguén
Por que isto e carnaval
Quen se pique que se joda
O antroido é pra criticar

 

Cando ven o carnaval
Aquí está Vou nun Bou
Nós poñemos o disfraz
Pero careta non
E se hai algo que contar
Cantámolo entre sorrisos
Pero sen nos agachar.

Comentarios(1) Añadir Comentario
O maximo 07/10/2017 16:25:57
Ver Comentario
Antroido 2006
BUSCANDO LIO
POLVO REAL
MONTA E PEDALEA
SIN TRON NI SON
A COMECHONA
Vou nun Bou © 2004 - Politica de Privacidad - Términos de Uso - Admin