¿Que vos parece como está este pobo?
pasan os anos, seguimos igual
non vos contarnos nada que sea novo
non pegan branca na Consistorial.
O Fardajuevos e a súa cuadrilla
pandilla de vagos, crense máis ca ti
entran ás once saen ás once e media
para o que facedes escusades vir.
Manda carallo isto é pra rir
son os primeiros pra cobrar
os que máis baixas van pedir
¡menudo morro, non se pode consentir!
¿Que vos parece a nosa alcaldesa?
unha modelo mega singular
carazoquete vaiche toda tesa
logo nos plenos non sabe falar.
Dama de ferro pero sin carisma
vai pola correa de Kiko e Louzán
¡ai! se tiveras algo de vergonza
non se che ocurría irte presentar.
Manda carallo isto é pra rir
non os podemos criticar
despois no pleno van decir
¡isto e machismo, non se pode consentir!
¿Que vos parece o que fai Manolito?
tiñan parcela no Parque Industrial
como a venderon el e o seu papito
agora din que non poden marchar
E dende o Faro foi pedir limosna
querían axudas pra se trasladar
se che parece que che manden xente
a conta do Concello para desbrozar
Manda carallo isto é pra rir
tanto se quere aproveitar
ata nós mesmos hemos de ir
a traballarche ¡non se pode consentir!
¿Que vos parece este pendón da festa?
sempre aparece coma supermán
San Xuncaliño detrás da súa orquesta
tirando a pedra e escondendo a man
E non nos veñas con caceroladas
sempre estás no medio para figurar
campo de fútbol, lumes e riadas
aínda non sabemos qué solucións dás
Manda carallo isto é pra rir
non te miramos traballar
despois de alcalde queres ir
non das a cara ¡non se pode consentir!