Reproducir Canción
Se necesita Flash Player para reproducir este documento.

Que ben lle veu esta crise ó noso alcalde Felix Juncal, cos cartiños que chegaron algún burato foiche a tapar, Pero as obras importantes aínda están todas sen comezar.
A planta de reciclaxe na que Xuncal tiña moita fe pechou e a nosa basura vai pa Sogama dígame usted, si tanto a defendía dáslle a razón agora ó PP.
Con esta crise, mecajoendiola,
vamos ter que chamar a Guardiola.
Teresiña Magdaleno ós empleados pon a currar, que están alí en Castiñeiras rascando o nabo sen traballar. Que ese Mestre Camarón por durmir as horas está a cobrar.
Non rompas máis a cabeza con ese Blok-e Don Cimarrón, que os mitins por internete eses que fas non é solución. Nin fagas como Barreiro que é un experto en minutación.
Con esta crise, mecajoendiola,
vamos ter que chamar a Guardiola.
Iba a ser un gran bombazo, mira que pisos de protección. O final foi un peidaso, todo embargado, vaia follón. Os que entregaron as fincas agora danlles un patacón.
Batiron record coas multas, ata tiveron coche radar. Teñen todo controlado, ata nas praias van a axexar. Cu pa riba, cu pa baixo non deixan coche sen viciar.
Con esta crise, mecajoendiola,
vamos ter que chamar a Guardiola.
Con este tema da crise acabaremos por rebentar. Traballaba 8 horas agora 15 sen descansar. Danche polo cu e non berres se non á calle vante botar.
Tampouco os jodechinchos da puta crise nos van sacar. Son todos uns “comemierdas” enjominados a pasear. Piden marisco pa catro logo aparecen dez a papar.
Con esta crise, mecajoendiola,
vamos ter que chamar a Guardiola.
Sube o recibo da luz, real-estimado, como será? Cóbrannos o que eles queren dinche despois ven a reclamar. Miña muller xa me dixo que no usa bragas para aforrar.
Tamén pasa isto co sexo que as contiñas nunca che dan. Se calculas tres reales os estimados, cantos serán? E para que as contas saian a veces teño que usar a man.
Con esta crise, mecajoendiola, vamos ter que chamar a Guardiola.
|