Reproducir Canción
Se necesita Flash Player para reproducir este documento.

Hai que ver como está Berlusconi, tan salido, pensa que é un chaval. Para darlle uso ao pepperoni el monta festas que non están mal.
Rodeado está de rapazas que andan sempre ó rabo de el. Pa facerlle unha boa comida dalle ameixiñas que lle gustan ben.
O Cavalieri que fino é mirou pro Checo cando se lle puxo en pé, levou nos dentes por mirar cus na súa piscina so faltaba Tiger Woods.
As ideas que hai no Vaticano non encaixan nesta sociedá, eles venden que todo é pecado pero as sobriñas lles chaman papá.
Non querían vodas entre homes e ao aborto tamén din que non. Abstinencia ata que se morre, éche pecado ser fornicador. E todos cheos, berran que non en todo o mundo non se debe usar condón. Ai monseñores!!, mellor calar a pederastia non se pode perdoar .
A Costa do máis pijo de todos o Campsiño sale a pasear, o Bigotes colle a Correa e todos xuntos che van a roubar.
Entre traxes, coches e pulseras fanse ricos coa especulación. Vaia tropa, son todos uns jetas, han facer pisos dentro da prisión.
E Marianito se cabreou “estes do Gürtel, a cona que os votou” e aínda por riba, o xuíz Garzón é máis jodido que un problema de erección.
Zapatero co tema da crise xa non sabe por onde saír, a receita de Elena Salgado que Delavega che faja un Pajín.
Non sabemos que pasa alí dentro pero todos arrían o timón, o talante deste Zapatero solo o practica na televisión.
Pa que carallo vamos votar se son os bancos os que van a gobernar. Daslles os cartos, poslles o cu e aínda por riba non podes dicir nin mu.
|