Reproducir Canción
Se necesita Flash Player para reproducir este documento.

Aquí vímoslle a cantar a dous santos que hai en Bueu: O Casto do Gran PPoder e a San Luis Cajapantén.
A este primeiro dos santos vamos chamarlle a atención. Fixo o día do abuelo cando a filla empreñou.
Agora pasea co neto. Empurra polo Jané. Calquer día nos sorprende e gasta un peso nun café.
Ai Casto, Casto, das moito a nota. Sempre estás metendo o fuciño, non das convencido, vaia lamparón.
Ai Casto, Casto, gústache a fama Sempre foches armador (de líos) sen ter un navío. Menudo trampón.
Direiche de que careces, ti dime de que presumes. Daste aire de grandes perfumes, ao final no frasco solo hai pachulí.
É católica nacional esta joyita tan preciosa, obra de la Virgen Milagrosa, tamén pola gracia de Nuestro Señor.
Outro santo que hai en Bueu váisenos a xubilar. San Luis quere ascender, como gaivota a voar.
Cando chegue ese momento non te vas recoñecer. Vas a chorar coma un neno pola falta de poder.
Os que teñen eses bares que contentos van quedar. Esa mosca cojonera deixará de molestar.
Protagonismo é o que busca. Ofreceuse un día na prensa para completar a lista do PP.
San Luis pedimos, controla aos novos, que nos chegan no vran moi garbosos e por unha merda xa montan un show.
Non lle chega con multar, tamén quere gobernar. Cantas ansias de poder, aínda nos vas enfermar.
O que teñen que facer estes dous fulanos é xubilarse, é xubilarse. Pretendíanche portada e saír no Faro, agora que aguanten, agora que aguanten.
|