MENUS
INICIO
ANTROIDOS
FOTOGRAFIAS
PATROCINADORES
POPULARES
SALUDOS 72
FALEMOS GALEGO
SON DE BUEU
LÉMBROME
O PARAÍSO SEXUAL
Titulo:  EscobA nova...
Ano:  2013
Música: Música: La Sonora Dinamita - A mover la colita.
Reproducir Canción
Se necesita Flash Player para reproducir este documento.

Aquí en Bueu

un pastor leva o mando,

ten once ovellas

pero escapoulle o gando.

 

Disputas no BNG dividiron o partido,

o que antes era un bloque agora son dous ladrillos.

O alcalde para non mollarse, pois non sabe nada diso,

Ajarrou ben a poltrona olvidando a Compromiso.

Ten coidado Xuncalín cando vaiamos votar,

non veña unha carA nova e te vaias (B) a celar.

 

A UPG

díxolle á irmandiña,

arría o jalo

porque esta jaliña é miña.

 

Mirando para o PSOE falemos directamente

deben ser oito afiliados e téñenche tres correntes.

Por iso a min non me extraña cando vexo os resultados,

din que o partido está roto e o que ten é un resfriado.

Urdiron unha estratexia pra salvar o caravel

Vilas fai de Pepe Blanco, José Castro é ZP.

 

Nas eleccións

bromeaba un fulano:

“Que ilusionados!!

Xa parecen o alcoiano”.

 

E no bando popular todo de color de Rosas,

xa marchou a Cospedal, a otra cosa mariposa.

Para ocupar a vacante tardaron en decidir

dixéronllo a can e jato ninguén lle quería ir.

Matarilerilerón as chaves onde estarán,

están no medio da ría porque llas tirou Louzán.

 

Pois no PP,

e foi de toda a vida,

sempre jabaron de

montar boas corridas.

Comentarios(0) Añadir Comentario
Antroido 2013
A lei de Fidelis
Trompa Real
A paja extra
Vaia montaxe
EscobA nova...
Jatas a xaneira
Vou nun Bou © 2004 - Politica de Privacidad - Términos de Uso - Admin