MENUS
INICIO
ANTROIDOS
FOTOGRAFIAS
PATROCINADORES
POPULARES
SALUDOS 72
FALEMOS GALEGO
SON DE BUEU
LÉMBROME
O PARAÍSO SEXUAL
Titulo:  DON MEXILLÓN E OUTR@S CHIC@S DO MONTÓN
Ano:  2016
Música: Don Diablo (Miguel Bosé)
Reproducir Canción
Se necesita Flash Player para reproducir este documento.

Podes ver unha actuación en directo desta canción no seguinte enlace: VÍDEO


Co Antroido rematado, por marzal do ano pasado,

acordade que foron as eleccións.

Válelles can e ghato pra faser de candidato

con que teña un pouquiño de tirón.

De tirón. Agora  vámoslles a contar

algún chisme dos partidos para poder divertirnos

facer festa en tempos do carnaval.

Tirilín-tirilín-tirilón.

Vamos empezar cos de Son. Si, vamos empezar cos de Son.

Montaron un novo grupo, ó frente Don Mexillón,

na barra dun bar. Despois foron festexar un posto de concellal.

 

O Psoe quedou sen pilas, de primeiro José Vilas

solo un posto foi capaz de conseguir.

A rosa espiñada hoxe luce máis morada,

alí dentro todos queren dirixir.

Dirixir. Nunca paran de discutir.

Polo visto só se afilian no partido os da familia.

Eles solos xa se poñen a parir.

Tirilín-tirilín-tirilón.

Díxolles o Cimarrón. Si. Díxolles o Cimarrón.

Estaban sen aspirante pra presentar no PePé.

E menos a nós, que non debemos ser bos, chamaron a todo dios.

 

Veu voando esta canguesa cos seus aires de marquesa

a esta vila xa fai tempo pra vivir.

E de parva ten un pelo. Fixo o que dixo Sotelo:

“Dijo Rafa que te vayas para allí”

Para allí. “Con tal que me dé pa vivir”

Fixo o cambio, Bueu por Cangas. Ni unha peli de Berlanga.

Cos peperos nunca paras de reir.

Tirilín-tirilín-tirilón.

Que pensarán os de Bon. Si, que pensarán os de Bon.

Meteulle cañita a Félix por cobrar case dous mil.

Ela a chupar, pois xa estaba a cobrar catro mil cen con Louzán.

 

Os do Bloque de roteiros pasearon por Loureiro,

non quedou unha promesa por facer.

Muitas non fan daño, pero no arranxar o caño

algún morto si que pode aparecer.

Aparecer.  Escoitade e vades saber

de tan grande atropello,

que o tamaño dos torrellos  

fixo a un vello jodechincho devolver.      

Tirilín-tirilín-tirilón.

Non teñen oposición. Si. Non teñen oposición.

Gañaron por maioría. Dixo na celebración:

“Imos traballar para a crise superar... con moitas dedicacións”.

E gracias ó amor colocáronse os dous, Turismo e Deputación.
Comentarios(0) Añadir Comentario
Antroido 2016
BUEU CON LUPA
CASE A PINTO(S)
WALTAR O WANDUL
DON MEXILLÓN E OUTR@S CHIC@S DO MONTÓN
MAX TURBO
NUDO NA GORXA
Vou nun Bou © 2004 - Politica de Privacidad - Términos de Uso - Admin