MENUS
INICIO
ANTROIDOS
FOTOGRAFIAS
PATROCINADORES
POPULARES
SALUDOS 72
FALEMOS GALEGO
SON DE BUEU
LÉMBROME
O PARAÍSO SEXUAL
Titulo:  "CABOS SUELTOS"
Ano:  2017
Música: Esta cobardía (Chiquetete)
Reproducir Canción
Se necesita Flash Player para reproducir este documento.

Podes ver unha actuación en directo desta canción no seguinte enlace: VÍDEO


Na iglesia un concerto foi cousa sonada,

veu o Carlos Núñez, vaia ghaiterada.

Cambiou este alcalde de filosofía:

el é máis da Biblia non de Rosalía.

 

O cura encantado, noutra non se vira,

que ata Pepe Pais baila por bulerías.

Félix na taquilla era quen che cobraba,

e coa lus de pila xa te acomodaba.

 

E a iglesia chea coa pandereitada.

Félix pelotea quere unha embaixada.

Como Paco Vázquez el tamén soñou,

ir o Vaticano ser o embaixador.

 

Anuncian piscinas, tamén auditorios,

e o primeiro arreglo foi no Consistorio.

Reforman por exceso de actividade.

Mira que traballan, que barbaridade!

 

Deixar as viaxes e os hermanamentos,

no pobo o que falta é mantenemento.

Sobra deixadez e tamén conformismo.

Chega a fin de mes, eles cobran o mismo.

 

Sempre di que si o fillo do zapateiro.

Como non che cambie vai pro composteiro.

Debías pararte un pouquiño a pensar,

¿por que os da dereita estante a votar?

E un panadeiro na Banda do Río

foi de volta a casa, seica tiña frío,

no asiento do coche un bolso deixaba

e cando volvía, o sitio atopaba.

 

Pero unha chavala  que alí fumaba

mirou a movida, contoulle a xogada.

Disque llo collera un uniformado,

un que vai ós bares e marcha fiado.

 

Veña a buscalo, non o da atopado,

recorreu a plaza e medio mercado.

Cando o panadeiro chegou xunto del,

dixo por escusa: "Que susto che dei!"

 

Vai facer un ano que case van presos

a comparsa Os Mulos por facer uns versos.

Ían dedicados ós da Cofradía

por un mangoneo que xa se sabía.

 

E antes do pleito, por ver se o arreglaban,

quedaron citados coa parte acusada.

Pero aquel acto non sirveu de nada.

O tipo emperrado,  menuda empanada.

 

Por eses chanchullos que fixo o perillas

os da Cofradía salen nas letrillas.

Despois de cantala naquel festival

a rosas cheiraba o Centro Social.

Comentarios(0) Añadir Comentario
Antroido 2017
"CABOS SUELTOS"
UN SOLAR E CATRO VEIGHAS
ARRÓS CON NÍCHAROS
QASHQAI NA CUNETA
FADINHO DA CORPORAÇAO
CENTOLAS ESCOLLIDAS
Vou nun Bou © 2004 - Politica de Privacidad - Términos de Uso - Admin