Podes ver unha actuación en directo desta canción no seguinte enlace: VÍDEO
Lémbrome, lémbrome e choro.
Lémbrome do meu tesouro,
lémbrome desta terriña.
da súa xentiña, do meu lar.
En Bueu deixei un amor,
en bou quero regresar.
Os amores verdadeiros
sonche malos de olvidar.
Eu non quero máis camiños
que as estrelas e o mar,
e sentir na miña cara
ese salitre do mar.
Se vou a Bueu nun bou,
Se non vou nun bou, non vou.
Alí teño meu amor,
alí quero regresar. (bis)
Ten cautela mariñeiro,
que te podes afogar.
Este mar feito de bagoas
tanto quita como dá.
Eu xa vivo afogado
lonxe onde eu nacín,
alí teño miña alma,
alí plantei meu xardín.
Se vou a Bueu nun bou,
Se non vou nun bou, non vou.
Alí teño meu amor,
alí quero regresar. (bis)
E que o vento me leve
como cáscara de noz.
Que as ondiñas van levando,
meu destino, meu amor.
Quen mo ía a min dicir,
nesta vida pasaxeira,
doume forza pra vivir
esta vila mariñeira.
Se vou a Bueu nun bou,
Se non vou nun bou, non vou.
Alí teño meu amor,
alí quero regresar. (bis)