Reproducir Canción
Se necesita Flash Player para reproducir este documento.

Aquí estamos de novo imos botalas a rente sobre o que pasa no pobo con un cantar diferente axustado coma estrobo queima coma un ferro quente.
A contrapelo, cantamos a contrapelo nesta comparsa non nos cortamos un pelo. (bis)
Os produtos que hai na praza si digo bos quedo corto pero haiche unha Patata que non a quere nin o porco e tenche tanta empanada que non lle colle no forno.
Esa Patata é coma unha peste equina hai que botala, coidado que contamina. (bis)
Problemas hai en Bueu de tráfico non rodado que baixa dende a Graña para vender no “mercado” e mentres os furiliños están a rascar o nabo.
Os rapaciños pregúntanse asombrados, tanto camello, ¿onde están os reises magos? (bis)
Manda carallo coa auga queren subir a tarifa e Felix ía dicindo “non sube que se actualiza” e nos dicímoslle rindo ¡que actualice a súa pisa!
Dille a esa empresa que lle dean polo lasco que ten máis perdas de auga que Concha Velasco. (bis)
Un hosteleiro altruísta atiza ós municipales para que pasen re-vista de cierre ós outros locales, o tipo faino con vista pra que lle vaian chavales.
Gato encerrado, a xente “como lo flipa” Non lle dan pena. ¡Deixa durmir ós munipas! (bis)
|