MENUS
INICIO
ANTROIDOS
FOTOGRAFIAS
PATROCINADORES
POPULARES
SALUDOS 72
FALEMOS GALEGO
SON DE BUEU
LÉMBROME
O PARAÍSO SEXUAL
Titulo:  FOLLA A FOLLA
Ano:  2018
Música: Ni parientes somos (Los tigres del Norte)
Reproducir Canción
Se necesita Flash Player para reproducir este documento.

Podes ver unha actuación en directo desta canción no seguinte enlace: VÌDEO



O sogro ese home fiel que nunca falla,

sereno ,campechano e moi  jovial.

El é o que lle pon sempre o boi ó carro

tira pra diante, ademais sen rechistar.

 

Fai tódalas tareas que lle encomendan

e sen pararse nunca a protestar.

Para non facer o lío na casa

el sempre está disposto a cumplir e calar.

 

E cando non está de acordo en todo,

faise un pouquiño o zorro, pra non se cabrear.

 

El ten que ter o garaxe ben ordenado,

encende as brasas cando hai churrasco pra asar.

Ten as plantas e os setos moi ben podados.

fai as chapuzas e tamén pasea ó can.

 

Para ir a tomar unha chiquita

non sabe xa que excusas inventar.

Tirar de clásicos como o tabaco,

que non quedan ghaseosas, hai que ir a polo pan.

 

Bebe rápido o viño e deixa a tapa,

non tarda máis da conta pra non se delatar.

 

Na casa vén sendo un eterno incomprendido

e cando fala dinlle: “Que carallo dis,

aspira o coche si é que estás moi aburrido

sal da bodegha, ponte a reghar o xardín”.

 

Para levar os netos ó colexio

sempre lle toca a el de madrugar.

E o sábado se teñen balomano,

regata ou fútbol, tampouco vai safar.

 

Olvida aniversario e cumpleanos

da muller, dos fillos, o día da nai.

Con tanto lío que ten na cabeza

buscando unha estratexia para poder marchar.

 

A botar a partida cos amighos,

ou se hai furancho novo o viño ir a probar.

 

Se quere recibir cariños sen monsergas

de vez en cando ten que facer de cear,

preparar un menú coa luz de dúas velas

e a sobremesa bo postre pra rematar.

 

Aproveita muller a noite é longa,

os netos esta finde non están.

Xa é raro, pero teño a ferramenta

que está en pé de guerra  a punto de estoupar.

 

Cunhas freghiñas eu xa me conformo,

limparlle un pouco o polvo, despois abrillantar.

 

Agora non fai falta dicirlle a parienta

sobre posturas e secretos pra enredar.

A triloxía de Grey  xa leron enteira

e folla a folla toda a queren practicar.

Comentarios(0) Añadir Comentario
Antroido 2018
QUINCE ANOS DE ESCLAVITÚ
COMO NOS MOLABAS!
CHEJANDO O FRIDAY
¿PA PINCHAR OU PA CURAS?
FOLLA A FOLLA
O COLLÓN DE OURO
Vou nun Bou © 2004 - Politica de Privacidad - Términos de Uso - Admin