MENUS
INICIO
ANTROIDOS
FOTOGRAFIAS
PATROCINADORES
POPULARES
SALUDOS 72
FALEMOS GALEGO
SON DE BUEU
LÉMBROME
O PARAÍSO SEXUAL
Titulo:  PALABRAS DE A PATACO
Ano:  2011
Música: A maruca (Tuna Rastafari)
Reproducir Canción
Se necesita Flash Player para reproducir este documento.

Podes ver unha actuación en directo desta canción no seguinte enlace: VÍDEO


Dinos alcalde ¿que vale a túa palabra?
Pois polos feitos non vale un patacón.
¿Cando se acaba ese campo de fútbol?
Pasan os anos non aprobas o PXOM.

Ibas dicindo “- Non volvo a presentarme”
Do que dixeche, tarariqueteví...
Serás de esquerdas, tamén nacionalista,
pero as túas formas nos recordan a Sisi.

Aquí estamos cantando nun bou
esta cantiga, nós non temos atraque.
Aquí estamos, somos Vou nun Bou.
Se algún presente se pica, que rasque.


Falas ti solo, ti mandas, ti ordenas.
Os concelleiros están para decorar.
Cobran o soldo e non pegan un sello.
Salen nas fotos; pero non saben falar.

Es coma o calvo que sal na lotería.
No axuntamento montaches Euromillón.
Algún, con sorte, lle tocaron mil euros;
outros, cen euros. Menuda repartición

Todos sabemos o que pasa alí:
Haiche pelaxes de tódolos colores.
¡Pouca vergonza! Menudos collóns…
para premialos por bos traballadores.


Nós temos fame; mais fame de cultura
porque Lamosa en Bueu tennos a dieta.
As festas morren, e qué dicir do Entroido…
non se levanta nin a toque de corneta.

Baile de cifras tiveches este ano:
Número catro pasou diante do tres.
Número nove marcha todo queimado.
Pero o máis listo foi o dous, mountou ó dez.

Mellor que tomes café no Xardín
se a Mister Fontes tes ganas de miralo;
porque non se lle mira traballar,
pero ¡carallo! malla a cara de malo.


A da autoescola montou uns aparatos
pra ver a hora que os funcionarios fichan.
Xa van dous anos, aínda non furrulan.
Entran e salen cando lles sae da .....

Menos palabras. Queremos compromisos.
A ver pro ano, se a cousa non falla,
nós prometemos xuntarnos coma sempre.
Ti nos consegues cantar no Teatro alFalla

Aquí estamos cantando nun bou
esta cantiga, nós non temos atraque.
Aquí estamos, somos Vou nun Bou.
Se algún presente se pica, que rasque.


Comentarios(0) Añadir Comentario
Antroido 2011
O GRAN PPODER
TUPPERSEX
PALABRAS DE A PATACO
SACA A LINGUA
¡QUE TRES PES PA UN BANCO!
MAMADA OLÍMPICA (dun Calquera)
Vou nun Bou © 2004 - Politica de Privacidad - Términos de Uso - Admin