Podes ver unha actuación en directo desta canción no seguinte enlace: VÍDEO
Quen iba a pensalo, que ata os xubilados
están enganchados ás redes sociais.
Alí estanche todos co móbil en mano
dende o chiringuito á Casa do Mar.
Non o soltan nin para xogar a partida
nin tampouco cando eles van a mexar.
Se hai furancho novo mandan a mensaxe
“Vir correndo a Cela que están a abillar”.
Antes non querían móbil, agora non saen
sen el.
Non miraban tanta teta dende a peli de
Enmanuel.
Mira pos xubilados,
a Interviu xa non a
queren, co seu móbil van sobrados.
Mira pos xubilados,
buscan furancho con
wifi para non quedar colgados.
Haiche outros máis listos que se esconden
na bodeja,
como non hai cobertura, as mulleres xa non
os molestan.
Algúns xa controlan e teñen smartphone,
saben de descargas e aplicacións.
Un fixo un encargo a unha empresa china:
pastillas viagra para as excursións.
E marchan de rumba e perden o rumbo.
Sen medo a embarazos quen reina é o amor.
Seica polas noites botan tres en uno.
¡Que se acaba o mundo e a darlle calor!
Carallo pos retirados nunca estiveron
mellor.
O domingo chiki-chiki e o lunes van ó doutor.
Vós dicirme a verdade
parece que a
adolescencia chega ata a terceira idade.
Pero quen o diría,
danse morreos e todo como a chavalería.
E collen talangueras cando teñen ocasión,
e poñen cara de porco se ven ós mozos
facer botellón.
Eu teño un amigo que está apampanado.
Con tanta mensaxe vai a tolear,
Cando bota un polvo fai unha parada
por se hai novedades polo seu whatsapp.
Haiche pouco roce agora nas camas.
Un cólleche o móbil outro o ordenador
Ai, mira cariño, hai unha rebaixa
de moneca inchable mais consolador.
Ela pilla a indirecta: “ya estás otra vez
Manuel,
déjame ver las ofertas que aún lo hicimos
hace un mes”
“No me toques el culo,
cuando yo quería
sexo tu estabas mirando el fútbol”.
A nós tamén nos pasa,
cando a jefa quere
guerra nós estamos coa comparsa
e pagamos moi caro o de ter ese descoido,
todo o traballo atrasado recuperamos ó
acabar o antroido.