MENUS
INICIO
ANTROIDOS
FOTOGRAFIAS
PATROCINADORES
POPULARES
SALUDOS 72
FALEMOS GALEGO
SON DE BUEU
LÉMBROME
O PARAÍSO SEXUAL
Titulo:  SE TE VE EL PLUMERO
Ano:  2015
Música: Tradicional
Reproducir Canción
Se necesita Flash Player para reproducir este documento.

Podes ver unha actuación en directo desta canción no seguinte enlace: VÌDEO


A política de Bueu case  roza o esperpento.

Non hai oposición… o alcalde todo contento.

Ninguén lle leva a contraria, pois senón, logo se irrita.

El solo lle fai oídos ás queixas de Susanita.

 

Hai un concelleiro astur que traballa moitas horas.

O mesmo che plancha un juevo que maneja escavadoras.

Esa forma de facer non é moi intelixente.

¿Quen se vai a facer cargo cando teña un accidente?

 

Vimos cantar polo carnaval

para que se entere todo o personal.

 

Félix pra facer a lista aínda non perdeu o toque.

Hai xente de todas partes e case ninguén do Bloque.

Un ou dous de Esquerda Unida, Socialista, independentes

que van de nacionalistas.  Queren enjañar a xente!

 

Hai un que anda cabreado.  No entroido xoga ó despiste.

Cando eran para os de enfrente, as letras tiñan máis chiste.

Non te enfades Xuncaliño que vainos a dar igual.

Aínda nos ten máis morbo que che pareza tan mal.

 

Vimos cantar polo carnaval

para que se entere todo o personal.

 

E co das redes sociales a máis dun fóiselle a olla.

Vestidos de Supermán a tirarse dende a Roiba.

O do Legado do Tibu decían que lle chamaban.

Tamén o fixo o alcalde nominado por Susana.

 

Resultou ser máis vistoso un que se meteu no mar

alí na Banda do Río e gravouno o do Incamar.

O de bañarse en pelotas, non sabemos se é delito.

No pobo xa se comenta: “Mira Fidel que culito”.

 

Vimos cantar polo carnaval

para que se entere todo o personal.
Comentarios(0) Añadir Comentario
Antroido 2015
O MELLOR DE CADA CASA
FELIPE UVE PALITO
ORA PRO NOBIS
SE TE VE EL PLUMERO
FOLLONEANDO
O INFILTRADO
LADRÓNS DE FUTURO
Vou nun Bou © 2004 - Politica de Privacidad - Términos de Uso - Admin