MENUS
INICIO
ANTROIDOS
FOTOGRAFIAS
PATROCINADORES
POPULARES
SALUDOS 72
FALEMOS GALEGO
SON DE BUEU
LÉMBROME
O PARAÍSO SEXUAL
Titulo:  PEINANDO CANAS
Ano:  2023
Música: Popular Alentejo
Reproducir Canción
Se necesita Flash Player para reproducir este documento.

Saímos ó mar outro ano a bordo desta comparsa.

Éramos uns chavaliños, case todos sen meniños

e agora peinamos canas.

 

Perdemos algunhas pezas, foi ó longo destes anos.

Con cariño os saludamos. Con bo rollo e empatía

seguimos o mar surcando.

 

Queremos seguir a estela das famosas Pirilleiras

con ilustres comparsistas dirixidos por Silvino,

Eladio e mais Lapecha.

 

Aprendemos de Os Mulos a dar unhas boas patadas,

e se a alguén lle doe algunha, e se a alguén lle doe algunha,

que non faga trapalladas.

 

Non somos todo o que vedes, mais teñen moita importancia,

queremos agradecerlle a toda nosa familia

que apuntala esta comparsa.

 

As parellas, unhas santas, levan a paciencia en vena.

E tamén hai que dicilo, porque ás veces nos pasamos,

póñenos en cuarentena.

 

Aínda que non o vexades, porque está sempre embarcado,

vos aí non o sentides, pero Jorge Fiel “o Xouva

está aquí ó noso lado.

 

Compartindo o escenario estamos emocionados.

Para todos os presentes, nós co corazón cantamos

viva Bueu e a súa xente!

Comentarios(0) Añadir Comentario
Antroido 2023
OS CORTOS DO ANO
PEINANDO CANAS
TU ME CARMELIAS
MARCA BRANCA
TIRANDO MILLAS (Mañana lo dejo)
CAÑA DE ANOSES
Vou nun Bou © 2004 - Politica de Privacidad - Términos de Uso - Admin