MENUS
INICIO
ANTROIDOS
FOTOGRAFIAS
PATROCINADORES
POPULARES
SALUDOS 72
FALEMOS GALEGO
Son de Bueu
Lémbrome
O Paraíso sexual
Titulo:  VOU NUN BOU A ILLA
Ano:  2009
Música: 
Reproducir Canción
Se necesita Flash Player para reproducir este documento.
Cando se acaba o Entroido
temos unha frase feita
“pra maio vamos á Illa”
A despedida do Indio
saíra de marabilla.
Pero cando chega o día
todo o mundo pon problemas.
Non damos cruzado a ría.
A un non lle deixa a muller,
outro que ten cagarría.
 
Un seica tiña concerto,
algún que iba de viaxe,
a outro lle baixara a regla
e dous que andaban con gases.
 
Anque vos pareza raro,
un tiña esguince de glande,
outro que non podía vir…
por ser un calzones grandes.
 
E pasa un ano, e pasa outro.
Xa se falaba que tamén viñan Os Mulos.
Ó final esa papada “se fue a tomar por el culo”.
 
E pasa un ano, e pasa outro.
Xa se falaba que viñan Os Xarangallo.
Ó final esa papada tamén foi para o carallo.
 
Pa adiantar algo de choio
nesa bendita comida
que había na Illa de Ons,
mandamos de avanzadilla
a Berto co acordeón.
O pirata Manolito
pa arrancharnos a viaxe
de tan ben que nos conoce,
nós ibamos no das dez,
Luís Davila no das doce.
 
Un dos que suele decir
“carnaval é o ano enteiro”
dixo que, “para a comparsa
avisarme por febreiro”
 
Un que tiña que limpar
moito polvo na vitrina.
Outro quedou enjanchado…
co carallo na pitrina.
 
E pasa un ano, e pasa outro.
Xa se falaba que tamén viñan Os Mulos.
Ó final esa papada “se fue a tomar por el culo”.
 
E pasa un ano, e pasa outro.
Xa se falaba que viñan Os Xarangallo.
Ó final esa papada tamén foi para o carallo.

O de chamar pola xente
e tamén poñer o móbil
tocoulle a Rafa Budiño.
Un que comía cos sogros,
outro que tiña os miniños.
Un tiña dolor de espalda ,
outro cosas que facer,
ata un que non tiña ganas.
Un que na tripa cajeira
lle saíran almorranas.
 
Un ou dous non contestaron.
Un tiña tacto rectal.
Un que estaba no xulgado.

Outro tiña sexo oral.
Un rotura de frenillo.
Outro que fora ós tramallos.
Para algún botar un polvo…
¡tamén ha de ser traballo!
 
E pasa un ano, e pasa outro.
Xa se falaba que tamén viñan Os Mulos.
Ó final esa papada “se fue a tomar por el culo”.
 
E pasa un ano, e pasa outro.
Xa se falaba que viñan Os Xarangallo.
Ó final esa papada tamén foi para o carallo.
Comentarios(1) Añadir Comentario
Esta ano si que vamos a illa 01/02/2012 13:02:04
Ver Comentario
Antroido 2009
VOU NUN BOU A ILLA
ENTERATE BEN!
TOMADURA DE PELO
DE CHAMPIONS LI
PORNO SEXO MUNICIPAL
A REI MORTO REI POSTO
Vou nun Bou © 2004 - Politica de Privacidad - Términos de Uso - Admin