MENUS
INICIO
ANTROIDOS
FOTOGRAFIAS
PATROCINADORES
POPULARES
SALUDOS 72
FALEMOS GALEGO
SON DE BUEU
LÉMBROME
O PARAÍSO SEXUAL
Titulo:  DE CHAMPIONS LI
Ano:  2009
Música: 
Reproducir Canción
Se necesita Flash Player para reproducir este documento.

Podes ver unha actuación en directo desta canción no seguinte enlace: VÍDEO


Neste pobo parecemos hinchas
do Atleti de Madrí,
pola forma que temos, señores,
coma eles de sufrir.

Noso alcalde éche rojiblanco
e o problema non sei si é de aí,
pero nós esiximos ó xefe 
un pobo de champions li.

En Pescadoira xa están outra vez
fosa que fosa, joder, por toda a praia,
e as corrientes levan os millóns,
¡Que ben nos viñan a nós pa unha papada!

Félix, esperta, di xa dunha vez
que carallo vas facer co prometido.
Que entre os jalos moi mal andarás
e os cocodrilos tamén te van papar.

Este pobo parece un muíño
pola fariña que hai,
porque din que che da un “buen rollito”
que non paras de bailar.

Todos os rapaces que a toman
din que é para a noite ajuantar,
polo carallo eles a proban
cando van a traballar.

A xente xa non che quere ir ó mar,
-dicían dous vellos que o viño tomaban-
perden o día no sofá do salón
preparando oposicións, sin facer nada

Ninguén che quere o lombo agachar,
porque si non teñen que coller a baixa.
Teñen que vir indonesios pa ca
para os tramallos poder ir a larjar.

Que cheíño que vai Villanueva
pola rúa peatonal,
non lle colle unha palla no cu,
do estirado que che vai.

Pero nós somos unha comparsa,
aquí estamos para criticar,
porque pa mellorar o que había
escusaches estudiar.

Que guapas as rejateiras, carai,
todas co jorrito e co mandilón,
teñen portas que abren solas, tamén,
pero siguen agachando o quiñón.

Cando veñen jodechinchos. ¡mira
qué pescadito fresquito aquí tienes!
Falan castejano e portujés
incluso algunha tamén che fala inglés.

Comentarios(0) Añadir Comentario
Antroido 2009
VOU NUN BOU A ILLA
ENTERATE BEN!
TOMADURA DE PELO
DE CHAMPIONS LI
PORNO SEXO MUNICIPAL
A REI MORTO REI POSTO
Vou nun Bou © 2004 - Politica de Privacidad - Términos de Uso - Admin