MENUS
INICIO
ANTROIDOS
FOTOGRAFIAS
PATROCINADORES
POPULARES
SALUDOS 72
FALEMOS GALEGO
SON DE BUEU
LÉMBROME
O PARAÍSO SEXUAL
Titulo:  AVE FÉLIX
Ano:  2008
Música: 
Reproducir Canción
Se necesita Flash Player para reproducir este documento.

Ai Felixiño! como te embalache

A rúa Vicenti abrir pra rodaxe

Abrir pra rodaxe, Félix de qué vas!

pegáronche o toque,  déches para atrás.

 

Os que ordenan en Bueu

Son os desa asociación

Si non tes un bo negocio

Non val nada a túa opinión (Bis)

Para que carallo fan as dichosas eleccións.

 

En Pescadoira cambiou a saída

Pra iso vinte anos de abogacía

De abogacía, mira que estudiache

Quedache sen pelo tanto que pensache.

 

Aquí no pobo de Bueu

Todo se fai ó revés

Os zapatos na cabeza

As boinas son para os pés (Bis)

Con esta corporación

Que carallo vamos ter.

 

Escoita Alcalde, non lle botes jeta

Limparon tres veces a túa cuneta

A túa cuneta, a dos teus parientes

E a dos veciños quedaron pendentes.

 

Mira moi ben o que fas

Mandamáis, Señor Xuncal

Criticache ós que saíron

Pero estás facendo igual. (Bis)

Non fai falta limpar tanto

A cuneta da túa irmá.

 

Ponlle máis xenio, que Bueu non se pudra

Vixía a eses vagos que durmen en Udra

Que durmen en Udra, votan boas sestas

Estes funcionarios sempre están de festa.

 

Os funcionarios de Bueu

Non lles gusta traballar

Para facer papeleos

O Meco vainos buscar (Bis)

Para pedir un permiso

Outro día has de voltar.

 

Moito criticaban as  PP-Papadas

Están os bloqueiros nas mesmas andadas

Nas mesmas andadas, tortilla e xamón

Nos mitins do bloque, tamén mexilón.

 

Éche o novo “Si Señor”

Dalle a todos a razón

Para o porto deportivo

Non dixo nin si nin non (Bis)

O falarlle dese tema

Cagasé nos pantalóns.

Comentarios(0) Añadir Comentario
Antroido 2008
AVE FÉLIX
ERECCIÓNS MONACEPAIS
PADENTRO E PAFORA
DE ILUSIÓNS TAMÉN SE VIVE
AXUSTE DE CONTAS
XOGANDO Ó TETO
XARANGALLADAS
Vou nun Bou © 2004 - Politica de Privacidad - Términos de Uso - Admin