MENUS
INICIO
ANTROIDOS
FOTOGRAFIAS
PATROCINADORES
POPULARES
SALUDOS 72
FALEMOS GALEGO
SON DE BUEU
LÉMBROME
O PARAÍSO SEXUAL
Titulo:  ERECCIÓNS MONACEPAIS
Ano:  2008
Música: 
Reproducir Canción
Se necesita Flash Player para reproducir este documento.

Podes ver unha actuación en directo desta canción no seguinte enlace: VÍDEO


Este ano houbo comicios

tamén cambios no poleiro

maioria con sorpresa

pro fillo do zapateiro

 

Pero que non saque peito

por ganar esa batalla,

o resto dos contendientes

non eran de moita talla

 

Con Quintana metido na Xunta

sacádelle punta ó lapis de pedir,

Porque somos os últimos monos

todo vai pra Cangas, ¡e nós a chuspir!

 

A Elenita non quixeron

levar como candidata

moi tranquilos se quedaron

porque non tirou da manta

 

Para topar candidato

foron buscar na chistera,

como non aparecía

mellor tirar de chequera

 

O das barbas parece chafado,

quedou sen tinglado, non vai amasar.

Nos carteles fixérono alcalde.

O “de” polo “para” houbo que cambiar.

 

Os do circo socialista

sempre son unha sorpresa.

Ti votabas por Agulla,

sale quen menos se pensa.

 

Cunha nova pirueta

¡isto parece mentira!

Pero o certo é que quedaron

sen a cuota femenina.

 

¡Que desastre! “pues nin con Torito

ni con Zapatitos” pudieron medrar.

Eles marchan seguindo os seus ritos.

Quedan os Jositos para figurar.

 

Outros iban de sobrados

e estaban todos contentos.

Pra ser chave no concello

xa lles chegaban trescentos.

 

Torres máis altas caíron”

Non me nombres máis a Biblia.

Este pobo non te quere,

¡non te vota nin a familia!

 

Non insultes a nosa memoria

porque a túa historia é moi popular.

Engañaches ós traballadores.

Pra ti conseguiches o de Loitamar.

 

Non te jode, o sindicalista

primeiro da lista se foi presentar.

E a primeira levouna na frente,

ningún concelleiro puideron sacar.

Comentarios(0) Añadir Comentario
Antroido 2008
AVE FÉLIX
ERECCIÓNS MONACEPAIS
PADENTRO E PAFORA
DE ILUSIÓNS TAMÉN SE VIVE
AXUSTE DE CONTAS
XOGANDO Ó TETO
XARANGALLADAS
Vou nun Bou © 2004 - Politica de Privacidad - Términos de Uso - Admin