Xa temos unha piscina.
Ai, quen o iba a pensar
que para nadar en Bueu
non tiveras que ir ó mar.
Que bonito tanatorio,
¡é tan fermoso de ver!
Con tantas comodidades
danche ganas de morrer.
Este Bueu como iba a estar
se todas estas promesas
se fixeran realidad.
Tamén hai campo de fútbol
con céspede artificial.
Preside un Bueu de terceira
unha persoa normal.
Está feito o auditorio
e cando temos función
o clube de xubilados
non te vota do salón.
Estribillo
Hai vivenda protexida
con bos prezos pra mercar
e a nosa xuventude
xa non precisa emigrar.
Temos parques pros rapaces.
Aprobaron o PXOM.
Hai museo de ribeira.
O Bispo cheira a limón.
Estribillo
Temos porto deportivo
pra todos ir navegar.
Dez praias bandeira azul.
Paseo pegado o mar.
Vai ben o alcantarillado,
non se volveu inundar.
Entroido subvencionado.
¡Non nos podemos queixar!
Estribillo