MENUS
INICIO
ANTROIDOS
FOTOGRAFIAS
PATROCINADORES
POPULARES
SALUDOS 72
FALEMOS GALEGO
SON DE BUEU
LÉMBROME
O PARAÍSO SEXUAL
Titulo:  NUDO NA GORXA
Ano:  2016
Música: Estudiantina portuguesa (José Padilla)
Reproducir Canción
Se necesita Flash Player para reproducir este documento.

Podes ver unha actuación en directo desta canción no seguinte enlace: VÍDEO


O noso Antroido é unha festa diferente.

O noso Antroido é unha festa singular.

O noso Antroido é unha festa para a xente.

O noso Antroido é patrimonio popular.

Aquí saíron dende sempre as comparsas,

antes de tempos que mellor non recordar.

Grandes maestros, toda loa queda escasa,

sentaron cátedra en tempos de carnaval.

 

Esta costume de máis de cen anos

vai o garete, eles déixana marchar.

Ha de pasar como con outras cousas,

cando lles falte hanse botar a chorar.

Ningunha rúa para As Pirilleiras,

nin para Os Mulos, iso parécenos mal.

Pois se paseas por Bueu un día

sóbranche placas co nome Félix Juncal.

 

¿Quen é o que vela en Bueu pola cultura?

Nós valoramos que non saben o que fan.

Gústanlle máis  os funerales e os curas.

Despois nas urnas son os que máis votos dan.

Non lle pedimos caridade nin limosna.

Nin que convertan carnaval en botellón.

Solo que coiden o legado dos maiores,

facer memoria e respecto as tradicións.

 

¿Por que o concello consinte a desfeita?

¿Por que morrendo non o queren protexer?

O que non conseguiu nunca a dereita,

con esta esquerda está a punto de suceder.

Será porque vimos a criticalos,

decimos cousas que non queren escoitar.

Somos un neno tirando un estralo.

Téñenlle medo a unha letra e un cantar.

 

Parapetados na dichosa burocracia,

o que se esconde é desidia e deixadez.

Fáltanlles cartos, faltan ganas ,falta audacia.

Para que arranxen este tema dunha vez.

Cando nos chaman e podemos alí estamos.

Da poesía ó festival puidemos ir.

Os do poleiro arrimáronse a papada

e os convidamos sen pedirlle o D.N.I.

 

Gracias Os Mulos, e ós Kantaclaro,

e por suposto a comparsa Os do pinsel.

Cantar con eles pra nós é un orgullo,

nudo na gorxa e emoción a flor de piel.

Por estes anos e polos que veñan,

dámoslle gracias por facer o festival.

E lles pedimos os aquí presentes:

vai un aplauso pra xente do Balonmán.
Comentarios(0) Añadir Comentario
Antroido 2016
BUEU CON LUPA
CASE A PINTO(S)
WALTAR O WANDUL
DON MEXILLÓN E OUTR@S CHIC@S DO MONTÓN
MAX TURBO
NUDO NA GORXA
Vou nun Bou © 2004 - Politica de Privacidad - Términos de Uso - Admin