MENUS
INICIO
ANTROIDOS
FOTOGRAFIAS
PATROCINADORES
POPULARES
SALUDOS 72
FALEMOS GALEGO
SON DE BUEU
LÉMBROME
O PARAÍSO SEXUAL
Titulo:  UN SOLAR E CATRO VEIGHAS
Ano:  2017
Música: Mátala (Alejandro Fernández)
Reproducir Canción
Se necesita Flash Player para reproducir este documento.

Podes ver unha actuación en directo desta canción no seguinte enlace: VÍDEO


A sogra ese ser extraordinario

que a veces non ten calificativos,

pra definir a súa idiosincrasia

non dou topado a xeito os adxectivos.

 

Se queres que che dea un bo consello:

para poder obter os seus favores

e que che quede sempre cos meniños,

que non proteste sábado ou domingo,

lévalle plantas ou un ramo de flores.

 

Escóitaa, e dálle a razón sempre que poidas.

Dille que a súa comida é moi sabrosa,

que ben lle senta toda a súa roupa.

 

Míntelle, e dille que ben lle queda o peinado.

que por ela non dan pasado os anos

que nunca se lle queima o peixe asado.

 

Non digas de verdade o que ti sintes

para poder gañar o seu respecto.

Procura dicirlle cousas con gracia,

que moito se lle parecen os netos.

 

Que note que a tratas como unha amiga

sen que sepa do teu turbio pasado

Intenta levala  a onde ela pida

aínda que che fastidie a partida

que diga que tes o cielo ghanado.

 

Agántaa, aínda que por dentro estés fungando,

has de cumplir todos os seus encargos

se queres ser o seu xenro mimado.

 Engánaa, ti dille que como tódolos anos

en Benidorm é a que ten máis gharbo

de vacacións co xenro do Cubano.


Mais non van a ser todo cousas malas,

algunhas fanas ben e con sentido.

Sempre teñen unhas fillas fermosas

coas que conservan un gran parecido.

 

Arréglanche os calzóns con mil remendos

Deixan de ver Luar polo partido.

Regálanche tomates e patacas.

Esa tortilla con ghuevos da casa.

E invitan os domingos ó cocido.

 

Quérea, pra ter a súa filla satisfeita.

Por un solar, a casa, catro veijas.

Xa pode ser de esquerdas ou dereitas.

 

Trágaa, aínda que sea unha insoportable,

para manter a filla ó teu lado

e todo o teu esforzo sea rentable.

 

Cóidaa, para que poida durar moitos anos

e cos seus netos poida disfrutalos,

pero que deixe o nicho paghado.
Comentarios(0) Añadir Comentario
Antroido 2017
"CABOS SUELTOS"
UN SOLAR E CATRO VEIGHAS
ARRÓS CON NÍCHAROS
QASHQAI NA CUNETA
FADINHO DA CORPORAÇAO
CENTOLAS ESCOLLIDAS
Vou nun Bou © 2004 - Politica de Privacidad - Términos de Uso - Admin