MENUS
INICIO
ANTROIDOS
FOTOGRAFIAS
PATROCINADORES
POPULARES
SALUDOS 72
FALEMOS GALEGO
SON DE BUEU
LÉMBROME
O PARAÍSO SEXUAL
Titulo:  ARRÓS CON NÍCHAROS
Ano:  2017
Música: Funiculì, funiculà (Luigi Denza)
Reproducir Canción
Se necesita Flash Player para reproducir este documento.

Podes ver unha actuación en directo desta canción no seguinte enlace: VÍDEO


Buscando a garantía dun taladro que se avariou

toparon as facturas amañadas no Illa de Ons

as ANPAS non acreditan o que pasa, non é normal

alí apareceron moitos gastos sen aclarar.

 

Pelu, bragas, tampax e gas-oil e no super tamén che pagou.

Pois mira ti que habilidad, será tamén casualidad,

cando vai pagar tiraba da tarxeta black.

 

Fina tiña, Ignacio tamén. Un de mango outro de sartén.

“Imos gastar sen reparar, aquí ninguén nos vai cachar”

Pero foi rascar e todo podre atopar.

 

Pancartas e máis letreiros inundaron a todo Bueu.

¿E quen son os que se chaman Fres y Ana?, pensaba eu.

O lío que se  montou o señor cura, para enmarcar.

O tipo se lle ocurreu xuntar a voda cun funeral.

 

E no adro a darlle a todo ghas, os do entierro non viran nada igual

Veña a tocar e repicar: tilín tilín, tolón tolón.

Que barbaridá!  mezclar incienso con arroz.

 

Na prevoda déronse un ostión pois na roda o velo se enrollou.

Alí caeu e se esnafrou. "Da moto xa nin me falar,

para ir ó altar, eu vou mellor en sidecar".

 

Que ben lle prepararon ás da fila o Bulevard

pois son os excedentes da súa finca de calidad.

Tamén che venden tomatiños maduros por Navidad

algunha leva tamén juevos da casa a etiquetar.

 

Xubilada, non tes que facer, colle os grelos vainos a vender

e un changüí ti vas sacar, Montoro non se enterará

Para non cavar vai a Katuxa a comprar.

 

O Patata funga como un can porque o choio váiselle das mans

cun mercadillo no Nadal e actividades cada mes

baixa por estrés este fulano vai coller.

 

Puxéronos praias pra non fumadores e outras pa cans.

Normal que demande unha pra cabuxa o de Gran irmán.

Agora que o Ramón para os cabalos queira outra igual,

que diga que el se queda con Mourisca pois tena a man.

 

Se tes gatos, tes que reclamar. Para o loro que ten túa irmán.

As mascotas pasearás, para que alí poidan cagar.

E para fumar, a unha batea has de nadar.

 

Os dos Galos, que imaxinación! Nestas lides, teñen tradición.

Algún racú van preparar para poder ir a fumar.

Rutas, excursións, precio especial pra fumador.

 

Se es nudista vai pra Rebentóns, furtivismo hai a mogollón.

El na boca un mexillón, ela co percebe na man,

A Garda Civil dicía, ¿que carallo fan?
Comentarios(0) Añadir Comentario
Antroido 2017
"CABOS SUELTOS"
UN SOLAR E CATRO VEIGHAS
ARRÓS CON NÍCHAROS
QASHQAI NA CUNETA
FADINHO DA CORPORAÇAO
CENTOLAS ESCOLLIDAS
Vou nun Bou © 2004 - Politica de Privacidad - Términos de Uso - Admin