MENUS
INICIO
ANTROIDOS
FOTOGRAFIAS
PATROCINADORES
POPULARES
SALUDOS 72
FALEMOS GALEGO
SON DE BUEU
LÉMBROME
O PARAÍSO SEXUAL
Titulo:  FADINHO DA CORPORAÇAO
Ano:  2017
Música: Fadinho da Tia Maria Bento (Popular portuguesa)
Reproducir Canción
Se necesita Flash Player para reproducir este documento.

Podes ver unha actuación en directo desta canción no seguinte enlace: VÍDEO


O alcalde do noso pobo, o tipo está moi crecido

ten síntomas de soberbia ou algo moi parecido.

Enganchado a poltrona como se fose arneirón,

prometeche a piscina, mete auga o pavillón.

 

O que pasa neste pobo, que non hai oposición,

pero Félix di que é dura porque é de garrafón.

 

Houbo quen por catro tablas pra caseta da cadela

pagou polo catastrazo como se fora vivenda.

Un corvo nacionalisto, alí na parte de atrás,

dunha casiña aghochada o IBI ten sen paghar.

 

Se ti eres concelleiro ten coidado co que fas,

se ti eres de Facenda da exemplo ó cidadán.

 

O que pasa no PSOE á xente xa nin lle importa.

Van pouco a pouco marchando. O último pecha a porta.

Socialista e obrero, tiña nome con tirón.

Pero chegaron recortes, son o Partido Español.

 

Eu mireino polas rede, publicado no Facebook.

Jose estaba mosqueado:meter o carné  no cu.

 

É Berta unha gladiadora. Critica todo no Faro.

O churrasco dos bombeiros, mellor deixalo de lado.

“Bueu minado de merda”, alertou ós cidadáns.

E á Praia de Loureiro ti levas caghar o can.

 

Unha panda de gandules temos na corporación.

Todos metidos nun saco non valen un patacón.

 

O horario dos nosos plenos ás veces é o do vermuth,

e quen de mañán traballa que lle dean polo cu.

Seica viña da Batea, pra cambiarse non lle dou.

O Camerino pechado, coa roupadaghuas cheghou.

 

Xuncaliño e Villanueva  todos plenos a berrar.

Félix quere ter melena, Julio quere gobernar.

Comentarios(0) Añadir Comentario
Antroido 2017
"CABOS SUELTOS"
UN SOLAR E CATRO VEIGHAS
ARRÓS CON NÍCHAROS
QASHQAI NA CUNETA
FADINHO DA CORPORAÇAO
CENTOLAS ESCOLLIDAS
Vou nun Bou © 2004 - Politica de Privacidad - Términos de Uso - Admin