Xuncal perdeu
unha xoia nas últimas eleccións.
Adios ó número
nove, irmandiño e loitador.
De xogar tanto a
ruleta el mesmo se disparou.
Agora ocupa ese
trono outra que en Bueu atracou.
Ofrézoche o que
ti queiras, dime que si.
Fájote
vicealcaldesa, elixes ti.
Obras, Cultura,
Deporte, dás o perfil.
Vas a ter o teu
despacho e mandarás coma min.
Con restos dos
invasores feliz fixo a coalición.
Todo vale no
partido por non arriar o bastón.
Xa non queda
ningún rojo na nova corporación.
Van levar o barco
ás pedras a Patrona e o Patrón.
Van escorando á
dereita, xa sen raíz.
Moito trato coa
Igrexa e Garda Civil.
Estanse arrimando
tanto, fan misas VIP.
Rejálalle un
cuartelillo, ofreceulles cama aquí.
O día do Pilar
houbo na Rectoral recepción.
Xuncal no estaba
na foto. Vaia estrofa nos chafou.
Deixou nas mans
da alcaldesa xantar e viño español.
Disque el
negociaba o Posto cos da Subdelegación.
Adios a ese
patriotismo de bolshevik.
Iso de ter puño
en alto foi de aprendiz.
Pasaches do
colorado a un tono gris.
Por unha Galiza
ceibe non volveu a repetir.
Ai! Como lle gusta o mando ó excamarada Sisi.