Foi nas festas da Banda
do Río,
dando o grupo o seu pase
final,
había uns mozos probando
experiencias
no alféizar dun primeiro
andar.
As cortinas
semitransparentes
os seus corpos deixaban
ollar,
disfrutando como dous
posesos
dos praceres do vicio
carnal.
Os compases do bombo
seguían
sen fallar unha nota ni o
tempo.
Insaciables, repetían
folla a folla os relatos
de Grey.
Xa o cantante máis jevi
ventaba,
“isto van sacalo en carnaval”.
E flipaban xa todos da
América,
cando empeza a limpeza
bucal.
Os que viron dende o
palco a escena
dicían que el era un
Nacho Vidal.
As mulleres de costas á
orquesta
pa que os homes non
poidan mirar.
Mais aljún de través non
perdía
nin detalle do succionamento.
Uns xemidos, in
crescendo,
ata os plomos fixeron
saltar.
Antes de reanudar o
concerto
os xemidos vólvense a
escoitar.
De xeonllos estaba a
chavala,
vai saber que estaría a
rezar.
Os do grupo viñéronse
arriba,
“hai que amenizar o
apareamento”,
propoñendo varios bises
ata que poña FIN na
ventá.
Era o coito de nunca
acabar.
Foi máis largo que un día
sen pan.
Chejou Celso e mandou rematar.