Xa podemos a Leonor cantarlle
e así
mostrarlle a nosa opinión.
Non queremos unha princesiña,
nin rei
nin raíña. Adios ós Borbóns.
É o momento do Rei Don Juan Carlos,
famoso bribón.
Home sempre fiel á monarquía,
non así á
muller Doña Sofía.
Gran exemplo do macho español.
A vivir venche para Sanxenxo.
As regatas todas gana el.
Dálle igual que poida estar en veda,
si a el o bo marisco llo poñen no
mantel.
Don Juan Carlos Alfonso María
de Borbón, Sicilias y Borbón.
Como o teu roubo está prescrito
e a xustiza di que hai delito,
para nós serás sempre un ladrón.
Freijolito marchou de Galicia,
con
moita ledicia, para triunfar.
E quería ser o presidente
pois, sen
oponente, el ía arrasar.
Pero non contaba con Ayuso, menudo
marrón.
En Madrid é un simple monigote,
marioneta
en mans do do bigote,
vai seguindo o que lle marca Vox.
Ó final saíches trasquilado.
Ai, Feijoo que desta non vai ser.
Ben o sabes, tes os días
contados,
e cando queira Ayuso de volta vés no
tren.
Proclamasches unha patria rota
cun discurso de barra de bar,
dividindo Vox a media España.
Non me fío eu desa calaña
anque te branquee a TVG.
Por Madrid andan moi sublevados.
Van
engominados a puto defender
a súa España racista e clasista,
casposa
e machista. Queren o poder.
Os seus cantos en modo fascista son
para estudiar:
“Bandera española mola mucho
si
tiene pintado el aguilucho”.
Escoitas e queres jomitar.
En Ferraz foi algo extraordinario.
Con bonecas arman un belén.
Elas, que son de misa a diario,
rezando o rosario. Eles máis de burdel.
E así retratouse a dereita.
Catro pijos montaron un show.
Cando vexo toda esa xente
penso nunha peli de Torrente.
Pura esencia do rancio español.