MENUS
INICIO
ANTROIDOS
FOTOGRAFIAS
PATROCINADORES
POPULARES
SALUDOS 72
FALEMOS GALEGO
SON DE BUEU
LÉMBROME
O PARAÍSO SEXUAL
Titulo:  CHOCO E CIGALA
Ano:  2024
Música: Derroche (Manuel Jiménez)
Reproducir Canción
Se necesita Flash Player para reproducir este documento.

Díxolle un caco a outro caco: 

Teño un golpe moi ben pensado.

Chaves da porta e máis do candado. 

Vai ser este o roubo do ano.

 

A furgalla está preparada. 

Comprador teño un elexido.

Non sabía que éramos tan listos. 

Traballar, iso é de pardillos.

 

Pero o venres aquel, cando foron roubar,

¿como ían saber que os estaban gravar?

 

Choco, cigala, rodaballo tamén, algunha raia.

Choco, cigala, disque o móbil rompeu, menuda farsa.

 

Ti arrambla con todo, non deixes nada aquí.

Isto é un jolpe maestro, que ben imos vivir.

 

Choco, cigala, rodaballo tamén, algunha raia.

Choco, cigala, non collía máis peixe nesa furgalla.

 

Cando foron ó día seguinte

montouse unha algarabía.

 

As portas non estaban forzadas 

e faltaba toda a mercancía.

Veu calmar o ambiente a policía. 

A máis dunha o sangue lle fervía.

 

Reunión con Xuncal no rincón de pensar.

Hai máis copias das chaves que xurelos no mar.

 

Choco, cigala, rodaballo tamén, algunha raia.

Choco, cigala, iso nunca pasou, falta o Patata.

 

Os ladróns son de guante furado 

con tres pelos de intelixencia.

Aínda non cobraran o roubado 

e a poli xa os tiña cochado.

 

E xerou isto tanto revuelo. 

Os de Netflix xa andan ó tanto,

van rodar unha peli moi pronto 

ó estilo Dous tontos moi tontos.

 

Estes dous alquimistas de roubos de nivel

máis famosos van ser que a Casa de Papel.

 

Choco, cigala, rodaballo tamén, algunha raia.

Choco, cigala, nin cos vídeos do banco e da farmasia.

 

Como Ocean’s Eleven, pero pasou aquí.

Se un era George Clooney, outro era Brad Pitt.

 

Choco, cigala, rodaballo tamén, algunha raia.

Choco, cigala, como din: Dios os dá...  eles se apañan.

 

Choco, cigala, rodaballo tamén, algunha raia.

Choco, cigala, nós pensamos que os dous se pasaron coa raia.

Comentarios(0) Añadir Comentario
Antroido 2024
A PALDEMIA
A QUE MÁIS SE LLE ARRIMA
FOFITO DA MORADA
SALPICASO NA BANDA
PIJOS DE LA GRAN FRUTA
CHOCO E CIGALA
Vou nun Bou © 2004 - Politica de Privacidad - Términos de Uso - Admin