Reproducir Canción
Se necesita Flash Player para reproducir este documento.

O Concello éche unha casa de citas, se te fixas un pouquiño xa se ve. Non queremos levar nós todas as culpas, quen o dixo foi Barreiro o do PP.
Que fino o Barreiriño, aí douche a razón, sempre sales jodido e tócanche os collóns.
Se te achegas ó Concello leva cartos, alí dentro por todo tes que afloxar. Dunha porta para a outra te marean, nin no Ciros tiven tanto que pagar.
Decía un veciño cansado de esperar: “Xa paguei 15 tasas e o viño sen probar”.
O Larpeiro cociña o polbo sen auga, viña gratis a esta festa a pregoar. Subeulle o cache-lo seu representante, cincocentos houbo que apoquinar.
Carallo po Larpeiro el veu patrocinar o libro que escribira e de paso a chupar.
Hai que ver quen manda nesa cofradía, nin sabemos onde anda sanidá. Na subasta fuma sempre noite e día, teñen medo desa pipa do Currás.
“Y tócate los güevos” ninguén lle di ni mu, afuma a todo quisqui que lle den polo cu.
Que bonitas que quedaron as terrazas no Piramys, no Centra e no Pescador só lles falta pa deixalas máis coquetas unha alfombra, pasarela e tocador.
Decía un veciño: “Non hai onde aparcar, pagaba máis a pena baixar de Bon a andar”.
Como te joden co do campo de fútbol esa dupla que amenaza cantidá, algúns plenos xa parecen unha feira, non esquezas que ti eres a autoridá.
Tes que ser máis constante, facerte respetar, porque eses dous fulanos aínda te van capar.
Ai! Qué pasa Felixiño con Aqualia. como chova xa non te podes duchar, máis que auga iso é merda lavada e o que bebes se pides café nun bar.
Pagamos coma limpa auga sen depurar. Alcalde pon a cara, hainos que sancionar.
Peito inchado nese asunto da piscina, os acordos de palabra non se fan. Non firmaches o que tiñas prometido, te joderon, e quedaches de papán.
De ti se riu Quintana, despois tamén Feijoo, para estrenar o tanga vaite a Portomaior.
|