Reproducir Canción
Se necesita Flash Player para reproducir este documento.

Esta historia comezou por levar un porco á Illa. “Cóidame deste animal porque é unha marabilla”.
O homiño, todo machote, Díxolle: “maloserá, o porco parece manso, isto o fajo nun plis-plas”.
Carallo…. “Estarme todos atentos” decía á tripulación. Berraba… “Que si lle pasa algo ó porco a min córtanme os collóns”
Que tranquilo iba o porquiño, lle meteran doble sedación. Que contento iba aquel home da mellor persebeira de Ons.
Vaia susto que levou cando ían desembarcar, o porquiño escorrejoulles houbo de afojar no mar.
Volveron subilo á grúa e de novo lles safou, e co ostión que dou no muelle o animal espabilou.
Carallo… Pa que o porco no escapara montouno estilo cowboy. Coitado… Ajarrouno das ourellas, o porco o sapateou.
“Axudarme a coller o porco, vai cegar o barco de Bueu, se a muller non topa o curricho quen acaba na corte son eu”.
A muller deste señor non sabemos o que come, pero cando está enfadada solta ostias coma un home
Si lle falas desta historia o homiño queda calado, non sabemos que animal ó final quedou capado.
Carallo… Esta é unha historia triste que che canta Vou nun Bou. Pobriño… A travesía dun porco e as penurias que pasou.
Estas son historias da Illa estas son historias de Bueu, estas son historias da Illa estas son historias de Bueu.
|