Reproducir Canción
Se necesita Flash Player para reproducir este documento.

En que follón te meteches co carallo do tellado. Barreiro afila a navalla, inda has saír trasquilado
Vaia licencia firmou Elena, ese veciño quere córtarche a melena. Pos unhas tellas, subes un piso, iso non era o que poñía no permiso.
En Udra estaba prohibido meter os coches nas pistas, ninguén che quere ir andando á taberna naturista.
E polas noites rompen señales, os altruistas xa perderon os modales. Que fumeiraso alí entre as bestas, saen cabalos con tatuaxes e crestas.
Vaia xardín lle fixeron os fillos a esa maría, dende que ten esas plantas contenta anda todo o día.
Tiña pensado montar un posto: flores e plantas, todo a preso de costo. E o novo Duque que había en Bon xuntouse a eles e durmiron en prisión.
O desembarco na Illa foi coa bandarria na man, saltan as ordes illescas coma se foran Braveheart.
Con tanto rollo, tanto amijacho Don Albertito non vos fixo puto caso, e as influencias tan ben compradas a fin de contas non serviron para nada.
Foron a facer un casting ás vendedoras da praza, todas de perruquería coma se foran de caza.
Comentou unha, moi picarona: “Teño pechugas que che son moi sabrosonas” “Leva ameixiñas afrodisiacas todo o levantan, xa non fai falta viagra.”
Neste parque de bombeiros a un streeper de primeira prestáronlle o material seica non tiña mangueira.
O seu colega quedou no paro por menearse disfrazado con descaro. “Con estas fotos vou faser majas, a máis de unha plántalle lume nas brajas”
|